RGPD - Cookies
Comarcas Vigo al día

@depo_es adxudica o’Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Municipais’ por casi 2,2 millóns

A Deputación de Pontevedra adxudicou, en Xunta de Goberno, o ‘Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais’ para os concellos de menos de 20.000 habitantes. Son, en total, 2.189.546€ dos que se benefician 52 municipios da provincia.

O obxecto do Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais é, dunha banda, financiar o Servizo de Axuda no Fogar básico, e por outro, contratar persoal técnico para os equipos municipais de servizos sociais comunitarios con perfís profesionais diferentes e complementarios.

A presidenta da Deputación explicou que como novidade este ano 2018, ademais de aportar o maior investimento ata agora, tamén se financia a todos os concellos que ata este ano non contaban con técnicas e técnicos medios. “Axudamos así aos municipios que ata agora non podían prestar un servizo o máis adecuado porque non tiñan todos os recursos humanos necesarios para garantilo. Unha vez máis, a Deputación ten como eixo prioritario a equidade e que todos os concellos da provincia reciban os recursos precisos para garantir todos os dereitos e todos os servizos”, afirmou Carmela Silva.

A través deste perfil de técnicos e técnicas medios, apoiase a contratación de persoal para o servizo de educación e apoio familiar dos concellos que ata agora non contaban con este servizo básico. Trátase dos municipios de Fornelos de Montes, Mondariz Balneario, Oia, Soutomaior, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Moraña e Pazos de Borbén.

También te puede interesar