Galicia

Redondela rematou maio cunha taxa de paro do 13%, a menor dos concellos da provincia de máis de 10.000 habitantes

O Concello de Redondela segue encadeando meses de baixada de paro “chegando a taxas non alcalzadas dende fai mais de 10 anos”, segundo indica a tenente de alcalde e concelleira de Emprego, María del Carmen Amoedo.

Amoedo lembra que cando o actual Goberno local comezara a súa xestión en 2011, a taxa de paro en Redondela era superior ao 21% e nestes momentos Redondela é o municipio da provincia de Pontevedra con mais de 10.000 habitantes, coa menor taxa de paro e subliña que, dacordo cos datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, no mes de maio 77 persoas conseguiron emprego en Redondela, o cal sitúa o número de parados na vila en 1.752.

“Ano a ano foise conseguindo reducir o número de parados con iniciativas como os plans municipais de emprego e os obradoiros logrando un alto ratio de empregabilidade anualmente nos dous programas”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.