'Qué te cuentas?' Galicia

Galicia rexistrou un mes de maio moi seco no que se recolleron a metade das precipitacións habituais con respecto da media histórica

Esta é a principal conclusión do informe climatolóxico mensual de MeteoGalicia, no que se subliña a gran variabilidade que caracterizou este mes, con cambios bruscos entre períodos cálidos e secos e outros máis fríos e con precipitacións.

Esta situación foi xeneralizada no conxunto da comunidade, rexistrándose os valores máis baixos de chuvia acumulada no sur da provincia de A Coruña e na provincia de Pontevedra. A única excepción no tocante ás precipitacións foi a montaña lucense, onde a frecuencia de fenómenos tormentosos ao longo do mes fixo que a chuvia acumulada nesta zona superase os valores agardados.

Polo que respecta ás temperaturas, o mes de maio rexistrou valores normais para esta época do ano aínda que, ao igual que ocorreu no caso das chuvias, foi un período con fortes variacións térmicas. A modo de exemplo, en Ourense cidade MeteoGalicia contabilizou 8 días en maio nos que os termómetros non acadaron os 20 graos, mentres que houbo 7 xornadas nas que superaron os 29 graos.

En resumo, maio caracterizouse por ser un mes de contrastes e moita variabilidade tanto desde o punto de vista das temperaturas como das chuvias. As precipitacións rexistradas, en calquera caso, apareceron de forma xeneralizada en toda a comunidade, pero non de forma moi cuantiosa.

Esta situación explica que a temperatura media quedara moi preto da agardada para un mes de maio e que as precipitacións acumuladas foran escasas, situándose un 50% por debaixo do normal atendendo á comparativa co período 1981-2010.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.