Feijóo visita as obras da Cidade da Xustiza de Vigo e reitera que estará funcionando a principios de 2020

O presidente do Goberno de Galicia visitou este luns as obras da Cidade da Xustiza de Vigo, que estará no antigo Hospital Xeral, e que será unha realidade a comezos do ano 2020, indicou.

O presidente Feijóo salientou que a primeira fase das obras, xa rematada, supuxo a retirada de 14.000 metros cadrados da fachada do ‘Piruli’, 1.300 de cascallos, ou 15.000 de áridos, permitindo aforrar ao redor de 800.000€, ás que hai que engadir 1.200 metros cadrados de amianto, o cal, sinalou o presidente, “é un compromiso coa seguridade das persoas».

Alberto Núñez asegurou que o da Cidade da Xustiza é o meirande investimento que se teña feito en Galicia nunha infraestrutura xudicial: 30 millóns de euros, e lembrou que neste edificio se concentrarán todas as dotacións xudiciais da cidade e terá capacidade para albergar ata 55 órganos xudiciais ademais das seccións da Audiencia Provincial e a Fiscalía.

Así mesmo, o mesmo acollerá á Policía Xudicial,á Policía Autonómica e o Imelga, contará cunha praza para uso público e cunha gardería para os fillos dos empregados.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.