Comarcas

@depo_es traslada a Tui máis persoal e medios para o ‘Gabinete de crise’ creado para atender aos afectados pola explosión do mércores pasado

A presidenta da Deputación decidiu este luns o traslado ao Concello de Tui de novo persoal e medios técnicos destinados ao ‘Gabinete de Crise’ que está a coordinar os traballos de atención ás familias afectadas pola explosión da pirotecnia “La Gallega”.

Mañá, martes, a primeira hora, dúas aparelladoras do Servizo de Arquitectura da Deputación, un técnico de xestión económica do Servizo de Patrimonio e un experto en seguros se incorporarán aos equipos que traballan na zona cero en canto á diagnose da situación das vivendas; e no Centro de Formación de Tui de asesoramento económico e sobre os seguros ás persoas que padeceron as consecuencias da catástrofe. Precisamente, este tipo de persoal profesional foi unha das necesidades máis demandadas na constitución do Gabinete do pasado sábado.

O traslado do persoal únese así á mobilización desde o primeiro momento dos parques de toda a provincia do Consorcio Contra Incendios, adscrito á Deputación; ao desprazamento de seis traballadoras dos Servizos Sociais da Deputación de Pontevedra que comezaron a traballar o pasado venres en colaboración co Concello; aos equipos de informática e tecnoloxía para dotar de cobertura á zona; aos vehículos e maquinaria; e á activacións das axudas de emerxencia dependentes do Departamento de Cohesión Social da institución provincial.

También te puede interesar