Deportes Vigo al día

Preto de 1.000 nenas e nenos participaron nas ‘DeporteEscolas’ da Deputación que pechou este domingo a súa presidenta

A presidenta da Deputación e o alcalde clausuraron este domingo as ‘DeporteEscolas’ de fútbol da institución provincial no campo do Coruxo. Carmela Silva e Abel Caballero entregaron unha medalla a cada un dos rapaces e rapazas que participaron no torneo que se disputou hoxe no campo do Coruxo.

A presidenta  felicitou ao Coruxo CF por manter a permanencia na segunda división B, acadada tras o partido celebrado onte no mesmo campo e animou ás rapazas e rapaces a seguir coa práctica deportiva.

As DeporteEscolas de fútbol da Deputación reuniron na súa edición de este ano a preto de 1.000 nenos e nenas de entre 5 e 12 anos de idade residentes en vinte seis concellos da provincia.

Hoxe dende as 10,30 disputáronse un total de trinta partidos entre as distintas DeporteEscolas nas que participaron preto de 500 rapaces e rapazas.

También te puede interesar