Vigo al minuto

Veciños de Teis volven solicitar á ministra de Sanidade a cesión do antigo centro de saúde, pechado hai 18 anos, para usos sociais

A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse hai varias semanas por escrito a Fátima Bañez, Ministra de Emprego e Seguranza Social, solicitando a cesión do edificio que ocupaba o antigo centro de saúde, pechado dende o 2000, para que se destine para uso social.

Desde hai anos, esta asociación e outros colectivos de Teis, reivindica a cesión deste inmoble, que ten unha superficie de 1.000 metros cadrados,  para que se destine a biblioteca, “entre outros usos dotacionais para Teis”.

A asociación veciñal tamén dirixiuse por escrito en xaneiro deste ano ao Subdirector Xeral de Xestión do Patrimonio e Contratación da Seguranza Social, para solicitar esta cesión.

“Esta demanda expúxose tamén a responsábeis provinciais da Tesouraría da Seguranza Social, que manifestaron a esta asociación, xa fai un par de anos, que este edificio era unha carga para a administración e que se podían estudar formulas para destinalo a uso social, sempre que houbera algunha administración interesada”.

Os veciños lembras que Teis, un dos barrios máis poboados de Vigo, conta con 5 escolares públicos, 3 centros escolares privados-concertados, 1 centro escola cooperativa e 4 institutos, “pero carecemos dunha biblioteca pública en condicións, unha ludoteca ou un local onde poida xuntarse e realizar actividades para mocidade”.

También te puede interesar