Cultura

@depo_es abre este luns o prazo da segunda ‘DepoAndaina’, partirá de Moaña e na que se poderán visitar as Illas Cíes

A Deputación de Pontevedra abriu hoxe luns 21 de maio, o prazo de inscrición para as persoas interesadas en participar na segunda quenda da terceira edición do programa gratuíto “Depo Andainas”, organizado pola Deputación. Esta nova actividade será a ruta que partirá de Moaña e na que se poderá visitar as Illas Cíes, polo tanto é unha das quendas máis demandadas deste programa da institución provincial.

Esta “Depo Andaina” ten unha dificultade baixa e o seu percorrido será de 8 quilómetros. O prazo permanecerá aberto, cun límite de 300 prazas, ata o vindeiro mércores 6 de xuño a través dun formulario web en www.depo.gal/depo-andainas (o ano pasado as prazas desta “Depo Andaina” esgotouse en cuestión de minutos, polo que recomendamos facelo canto antes).

Esta segunda cita das “Depo Andainas” ten como punto de saída no parque da Xunqueira de Moaña, a carón das pistas de atletismo, dirixirémonos cara ao río da Fraga no seu tramo final e comezaremos a remontalo pola súa marxe. Neste tramo inicial atópanse os primeiros muíños. A ruta continuará río arriba, meténdonos de cheo no lugar da Fraga, cun frondoso bosque autóctono e varios muíños, onde farase unha pausa e avituallamento líquido antes de iniciar o camiño de volta.

De regreso ao punto de saída, as persoas participantes irán cara o porto de Moaña para o embarque e traslado ás Illas Cíes. Unha vez no barco repartirase comida a todas as persoas participantes para, nada máis baixar nas illas, dar inicio á segunda parte da andaina: a Ruta do Faro, onde apreciarase toda a súa extensión, así como os acantilados de máis de 100 m, as furnas e as praias de Cíes.

También te puede interesar