Cultura Vigo al minuto

Visita o Museo Liste…e faino co teu can

Unha vez máis, o Museo Liste organiza unha nova xornada de portas abertas a aquelas persoas que queiran acudir cos seus cans. Será o vindeiro día mércores, día 23, ás 5 e media da tarde, en visitas programadas de 45 minutos de duración.

Para facer a visita, que está limitada a 7 cans que poderán estar acompañados por varias persoas, é necesario inscribirse, ben no propio museo ou ben chamando ao teléfono 986 244 698.

También te puede interesar