'Qué te cuentas?' Galicia

@En_Marea pide a comparecencia na Comisión de Angrois de Feijóo, José Blanco, Ana Pastor ou o ministro Rafael Catalá

A deputada e portavoz de En Marea na Comisión de Investigación, Alexandra Fernández, o Secretario Primeiro da Comisión, Antón Gómez-Reino e o portavoz de En Marea, Miguel Anxo Fernán Vello, presentaron no rexistro do Congreso este venres a solicitude de 39 comparecentes para que acudan á Comisión de Investigación do Alvia, así como a solicitude dunha serie de documentación para levar a cabo os traballos de análise en torno ás causas do accidente do tren Alvia en Angrois.

39 comparecencias

Nas solicitudes de comparecentes figuran ex altos cargos, responsábeis políticos ou ex ministros e ministras,  persoas de perfil técnico do ámbito de Renfe e Adif, persoas expertas, do ámbito das empresas, vítimas do sinistro, ou o presidente da Xunta. Entre os nomes propostos para que comparezan figuran: José Blanco, Ana Pastor, Rafael Catalá, Manuel Niño, Gonzalo Ferré, Íñigo de la Serna, Andrés Cortabitarte, Antonio Lanchares, Julio Gómez-Pomar, José Enrique Villarino, entre outros nomes que achegamos no escrito presentado no rexistro.

Documentación como a demandada pola ERA

En canto á documentación requerida por En Marea, demándase: a Resolución pola que se autoriza a posta en servizo do corredor Norte-Noroeste de Alta Velocidade; os contratos asinados por Adif, Renfe e UTE en relación á liña ferroviaria obxecto de investigación; documentos que a Axencia de Seguridade Ferroviaria botou en falla no seu documento de asesoramento á Comisión Europea como a Análise de risco; os documentos relativos ás modificacións que se fixeran a posteriori, entre outros.

También te puede interesar