Deportes Vigo al minuto

Máis de 2.000 xogadoras e xogadores no Areal de Vigo este xoves para disputar 300 partidos no ‘Día do Balonmán na rúa’

Imaxe: vigoalminuto/Dende primeira hora deste xoves, celebrarase en Vigo a  11ª edición do Día do Balonmán na Rúa, que é a festa de clausura das Escolas Deportivas da Federación Galega de Balonmán e a Deputación provincial de Pontevedra da tempada 2017/18.

Máis de 160 equipos inscritos, disputarán ao longo do día  máis de 330 partidos nos que xogarán uns 2.000 nenos e nenas das diferentes escolas deportivas e clubs da provincia.

Este ano as e os participantes, así como todos aqueles que se acheguen ata a zona de ocio do Balonmán na Rúa, na rúa Areal, terán a posibilidade de facerse fotos co trofeo de campión do Europeo sénior, acadado pola selección española hai uns meses en Croacia.

Durante esta xornada, as rapazas e rapaces -de idades comprendidas entre os 8 e os 14 anos- xogarán encontros nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín mixto e infantil masculino e feminino nos 11 campos dispostos ao longo da rúa.

Ao finalizar a competición, ás 6 da tarde, celebrarase o acto de clausura no que se procederá á entrega dunha medalla conmemorativa a todas e todos os xogadores participantes.

También te puede interesar