'Qué te cuentas?' Vigo al día

@depo_es articipa nun simulacro de salvamento no Miño por medio de integrantes dos Parques do Consorcio Provincial contra Incendios

Efectivos dos Parques do Consorcio Provincial Contra Incendios adscrito á Deputación de Pontevedra participaron no simulacro de salvamento que tivo como escenario XI do Tramo Internacional do Río Miño. As probas, que se desenvolveron en ambas beiras do río, están enmarcadas dentro do MARSEC (Maritime Security) e foron organizadas pola Comandancia Naval do Miño.

A primeira das incidencias nas que participaron os operativos e operativas do Consorcio consistiu nun exercicio de rescate dunha persoa caída tras un accidente de barco, co seu posterior traslado á costa e asistencia por parte da unidade de urxencias sanitarias. Ademais, nas seguintes probas, os efectivos do Consorcio interviñeron na busca dunha persoa desaparecida, en colaboración coa Marina española e portuguesa, e no salvamento dun suxeito afogado que localizou o equipo de mergulladores e mergulladoras.

Coincidindo cos obxectivos do MARSEC, o que se persegue con estes exercicios é comprobar a capacidade de coordinar incidencias de seguridade marítima entre os organismos competentes, proporcionar un enfoque integral nas incidencias relacionadas coa seguridade marítima, verificar os protocolos de condución de operacións, adestrar as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e axencias civís, así como reforzar a Comunidade Marítima

Outros dos organismos españois participantes no simulacro de salvamento do Tramo Internacional do Río Miño foron a Comandancia Naval do Miño, a Unidade de Mergullo de Ferrol (UBUFER), Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA)- Unidade de Drons, Urxencias Sanitarias-061. Así mesmo, institucións portuguesas tamén se desprazaron ata a provincia para participar no exercicio.

También te puede interesar