Vigo al minuto

O Concello abre este luns, día 14, o prazo para inscribirse nas acampadas a Cíes do programa ‘Camiño a Camiño’

Este luns, día 14, ábrese o prazo para inscribirse na primira das acampadas en Cíes, organizada polo Concello por medio do programa ‘Camiño a Camiño’. O mesmo propón, dentro das ‘acampadas familiares’, catro datas: unha nas illas Cíes -19-20 e 26-27 de maio, e en VigoZooo-23-24 de xuño e 30 de xuño-1 de xullo-.

Para Cíes hai 100 prazas e os inscritos zarparán da Estación Marítima de Vigo ás 9:00 da mañá do sábado e volverá o domingo ás 20 da tarde. O prezo é de 7€ por persoa e a manutención e a cargo de cada participante.

Polo que atingue ao VigoZoo, a acampada comeza o sábado ás 4 e media da tarde e remata  domingo á 1 e media. Poden participar un total de 12 familias e o prezo por participante é 28€.

Os interesados poden informarse no Concello, chamar o 010 ou ao 986 810 260, se fan a chamada dende o teléfono móbil.

También te puede interesar