Vigo al día

O Concello adicará este ano 7,3 millóns a achegas en alimentación e comedores sociais

O alcalde adiantou este mércores que as achegas municipais de alimentación e de comedores sociais este ano chegarán aos 7,3 millóns de euros.

Segundo os datos municipais, o goberno local ten un convenio con AFAN de 55.000€, mentres que os Misioneiros dos Enfermos pobres recibe 57.000, o Comedor da Esperanza reparte ao redor de 51.000 comidas cunha achega de 23.000€, Vida Digna dispón de 45.000€ das arcas municipais, e o Banco de Alimentos, 58.000.

A estas cantidades hai que sumar, salientou o alcalde, 70.000 euros do programa Xantar na casa, 4,5 millóns do Servizo de Axuda no Fogar e, por último, case 2,5 millóns do cheque social.

También te puede interesar