Vigo al minuto

Convocada folga indefinida na concesionaria do guindastre de Vigo

O cadro de persoal de Setex Aparki, concesionaria do guindastre do Concello de Vigo, decidiu convocar folga indefinida a partir do vindeiro luns, 14 de maio, “ante o bloqueo das negociacións do novo convenio colectivo”.

A representación dos 34 traballadores deste servizo municipal -tres delegados da CIG- denuncia que “a empresa se nega a aceptar a proposta de reducir a xornada laboral durante as fins de semana e pesar de que lle suporía un menor custe salarial”.

A decisión de convocar folga indefinida no servizo municipal de guindastre adoptouse despois de catro xuntanzas entre as partes nas que, subliñan os representantes dos traballadors, “se constatou o inmobilismo da dirección á hora de negociar un novo convenio colectivo de empresa, xa que a vixencia do anterior rematou o pasado 31 de decembro”.

Os delegados de persoal da CIG subliñan que a compañía oferta unha subida salarial do 1,5% no primeiro dos dous anos de duración do convenio e un 1% no segundo, aos que habería que sumarlle o 2,5% anual no que a Setex Aparki cuantifica o custe salarial que lle suporía aplicar o redución de xornada que establece o convenio estatal do sector.

Deste xeito, segundo as estimacións da empresa, a súa oferta sería do 4% o primeiro ano e dun 3,5% o segundo, “pero en realidade está obrigada a aplicar a redución de xornada que establece o convenio estatal, que ten prioridade sobre o de empresa no caso da xornada, neste caso teñen que reducir até 50 horas anuais por empregado”.

También te puede interesar