Vigo al minuto

Este martes remata o prazo para solicitar as Axudas Extraordinarias a Familias

Este martes, día 8 de maio remata o prazo para optar ao programa municipal de Axudas Extraordinarias a Familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación, que conta cun orzamento de case 2,5 millóns.

O alcalde adiantou este luns que hoxe e mañá non se dará cita para que todo o mundo poida tramitar a súa solicitude en horario de 9 da mañá a 2 da tarde e salientou que  ata o de agora xa se recibiron 2.300 demandas, e a previsión é que a cifra final sexa similar á do ano pasado, cando se elevou a 2.751 solicitudes. Como vén sendo habitual, os requisitos son estar empadroado en Vigo un mínimo de tres anos e cumprir os requisitos socio-económicos establecidos.

Abel Caballero subliñou que en 2017 se entregaron case dous mil achegas para alimentación, 1.900 para subministros e 1.400 para vivenda. Respecto a outras cidades, comparou os 2.585.000€ que Vigo adicou a estas axudas en 2017, cos 100.000 de A Coruña e ou os 0 euros doutras urbes como Ferrol, Santiago, Lugo ou Ourense.

También te puede interesar