'Qué te cuentas?' Vigo al día

Vigo conta con dúas praias para cans: a da Foz e A Calzoa

… como adiantou este venres o alcalde, quen sinalou que nelas poderán entrar os cans cos seus donos todo o ano. Os animais, indicou Abel Caballero poderán ir soltos, agás os considerados potencialmente perigosos, que deberán levar correa e bozo.

Caballeero indicou que A Foz, á esquerda da desembocadura do río Lagares, dispón de 320 metros de longo, mentres que A Calzoa ten 120 metros de longo, aínda que a zona rochosa da praia queda excluída para cans.

Para delimitar as praias a cans, o Concello instalará postes de madeira na area para marcar as zonas, porá sinais indicadoras en cada un dos accesos, delimitará a protección das embarcacións tradicionais -gamelas coruxeiras- e instalará colectores para a recollida de excrementos, ademais de reforzar os servizos de limpeza.

También te puede interesar