Comarcas

O Concello de Redondela abre o prazo para solicitar praza no ‘Programa Municipal de Conciliación Verán con Simona’

O Concello de Redondela pon en marcha oPrograma Municipal de Conciliación’, que este 2018 oferta 285 prazas para nenas e nenos de 4 a 14 anos repartidas en 13 lugares da vila.

O programa, que é de balde para as familias e que conta cun orzamento de 44.000€ e unha achega da Secretaría Xeral de Igualdade, está impulsado dende o Centro de Información ás Mulleres (CIM), colaboración de de distintas asociacións e entidades culturais de Redondela.

Un dos puntos máis importantes do traballo a desenrolar, mantense a oferta para cativas e cativos de Chapela e Redondela con necesidades especiais. 

As follas de inscrición poden descargarse dende a web do Concello e o prazo de presentación remata o vindeiro 18 de maio. A lista de admitidos publicarase, como moi tarde, o 16 de xuño.

As prazas dispoñíbeis en cada parroquia son as seguintes:
Cabeiro.- Centro cultural – 15 prazas
Cedeira.- Centro cultural – 30 prazas
Cesantes.- Centro cultural – 15 prazas
Chapela.- Asociación cultural de Cidadelle – 15 prazas
Chapela Multiúsos .- 15 prazas
Negros.- Asociación de veciños – 30 prazas
O Viso.-Antiga Escola de Tuimil – 15 prazas
Reboreda.- Sociedade labrego cultural – 15 prazas
Redondela.- Multiúsos – 30 prazas
Redondela.- Pousadouro – 45 prazas
Saxamonde.- Centro cultural Chan das Pipas – 30 prazas
Ventosela.- Asociación cultural Miñoteira – 15 prazas
Vilar de Infesta.-Centro cultural – 15 prazas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.