Vigo al minuto

Os ‘Coidadores de Barrio’ atenderon a máis de 150 persoas dende marzo, a maioría de entre 70 e 100 anos de idade

Os ‘Coidadores de Barrio’ fixeron 1.070 intervencións e atenderon a 154 persoas desde que regresaron ao traballo o pasado 12 de marzo.

«Estamos ante un gran acción de ámbito social que conta co financiamento ao 100% polo Concello», sinalou este mércores o alcalde quen lembrou que este servizo conta cun investimento de 1,08 millóns de euros para atender durante os dous vindeiros anos aos barrios de Calvario, Casco Vello, Teis, Travesas, Coia e Bouzas.

Os Coidades de Barrio atenden aos veciños de 9 da mañá a 2 da tarde e de 3 a 8, ofrecendo servizos coma acompañamentos ao médico, seguimentos, visitas, saídas á rúa, axudas a familias con nenos para facer a compra, información ou ir á farmacia.

Segundo os datos aportados polo alcalde, os traballadores atenderon a persoas de todas as idades, pero a maioría ten entre 70 e 100 anos, cun total de 120 usuarios. En calquera caso tamén foron atendidos 10 menores de 15 anos e 24 persoas de entre 20 e 70 anos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.