Comarcas

O Concello de Redondela impulsa dúas campañas para sensibilizar sobre a importancia da reciclaxe do aceite doméstico

O Concello de Redondela, por medio da Concellería de Medio ambiente, que dirixe Miguel Ángel Álvarez, participa en dúas campañas co obxectivo de sensibilizar ás veciñas e veciños da importancia da reciclaxe do aceite doméstico.
 
Dende este mércores, 2 de maio, e ata o día 31, nos colexios e institutos da vila, estará vixente ” Por unha auga mais limpa”: se entregará un contedor a cada centro para que depositen as botellas co aceite doméstico reciclado
Os centros que participen nesta campaña de reciclado de aceite doméstico recibirán un diploma acreditativo como colaboradores na mellora e coidado do medio ambiente e da auga.
 
O centro que mais aceite logre reunir será o que decida a que entidade ou causa social local se outorgaran os 2000 € de premio en caso de conseguir os obxectivos da campaña “Recicla, respira e supérate”
 
Os interesados en participar comunicaran o Departamento de medio a quen destinarán o premio a través do enderezo electrónico [email protected] antes de que remate campaña
 
A segunda das campañas é “Recicla, respira e supérate”, destinada á cidadanía en xeral e, salienta o concelleiro de Medio Ambiente, “conseguir o obxectivo da mesma vai a dar a opción de recibir o premio dos 2.000 € para unha entidade ou causa social local y o gañador da campaña de aceite reciclado decidirá a que se fai entrega de dito premio”.
 
Este reto conséguese si durante os meses de maio, xuño e xullo “incrementamos nun mínimo dun 10 % a cantidade de envases lixeiros (latas, briks e envases de plástico) no contedor amarelo respecto os mesmos meses do ano 2017”.
Durante a campaña a Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes farán diversos actos e actividades promocionais nos que colabora o Concello de Redondela.

También te puede interesar