Ciencia y Tecnología Vigo al día

200 celadores de todo o Estado se xuntan en Vigo baixo o lema ‘Facéndonos visibles’

“Facéndonos visibles” é o lema elixido para desenvolver as XVIIII Xornadas nacionais de Celadores que se celebran desde o próximo día 9 ao 11 deste mes no Hospital Álvaro Cunqueiro, e que contará coa asistencia de 200 celadores de   distintos centros sanitarios de toda España.

O obxectivo destas xornadas, organizadas pola xefatura de celadores da Área Sanitaria de Vigo, é dar a coñecer a este colectivo de traballadores da sanidade, para acadar así un maior recoñecemento profesional.

Segundo explica o presidente do comité organizador, Alejandro Vila –“somos os grandes descoñecidos da sanidade e cómpre por en valor ante a sociedade as funcións que desenvolvemos no ámbito sanitario. Aínda que realizamos tareas básicas, son importantes e fundamentais, xa que ofrecemos soporte ao persoal de enfermaría e médico. Na Área Sanitaria de Vigo somos 550 celadores, e somos os que recibimos, trasladamos, colocamos, e movilizamos aos pacientes. Sen a integración destas labores nos circuítos sanitarios, non sería viable a actividade diaria dos centros sanitarios.”

También te puede interesar