Vigo al minuto

Preto dun cento de investigadoras e investigadores traballan xa a pleno rendimento no Centro de Investigación Tecnolóxico Industrial (MTI) da Universidade de Vigo

Os preto de 4.000 metros cadrados do Centro de Investigación Tecnolóxico Industrial(MTI) da Universidade de Vigo están xa ‘operativos’ dende este mes de abril logo de que se completase o traslado ao mesmo dos 14 grupos de investigación dos ámbitos da enxeñaría industrial e da enerxía de minas e da enerxía.

En conxunto, 168 persoas que integran este centro no que seis dos seus grupos de investigación están considerados coma de  “referencia competitiva”. Entre estes investigadores, 95 doutoras e doutores, titulares de 144 patentes que o ano pasado  participaron en 23 proxectos, dez deles do programa H2020, por un valor de case 5 millóns de euros, realizando máis de 60 contratos con empresas por un importe de 1,9 millóns de euros e publicando 168 artigos en revistas.

Smart-Energy, Industria 4.0 e Fábricas do Futuro (FdF); Novos materiais, valorización de recursos e residuos industriais son os grandes ámbitos de traballos das e dos investigadores que desenvolven o seu labor no centro.

No caso da Smart-Energy realízase unha investigación multidisciplinar destinada a facilitar a transición cara un sistema enerxético fiable, sostible e competitivo para que a sociedade faga fronte aos retos do cambio climático.

Polo que respecta á Industria 4.0 e FdF investígase e desenvólvense tecnoloxías esenciais (KET) que faciliten ao tecido industrial e produtivo situarse na contorna globalizada 4.0.

En relación coa liña de novos materiais, valorización de recursos e residuos industriais o traballo céntrase en avanzar a través da I+D+i nun uso máis eficiente dos recursos e das materias primas, a redución de residuos e o desenvolvemento de materiais novos e avanzados.

También te puede interesar