Vigo al minuto

Veciños de Teis entregan 600 sinaturas no Concello solicitando a ampliación da Baixada a Igrexa

Membros da Asociación Veciñal de Teis, xunto con veciñas e veciños da Baixada a Igrexa, presentaron este martes pola mañá no rexistro do Concello 605 sinaturas, solicitando a ampliación desta baixada.

“Desde hai anos a veciñanza denunciamos o estreito dun tramo desta rúa que impide o paso de vehículos de emerxencia e pasan con moita dificultade os turismos. O mal estado de conservación do muro que pecha unha finca, provocou neste inverno varios desprendementos, de feito do último desprendemento aínda non se retiraron as pedras”, sinalaron os veciños, quenes salientaron que esta baixada e moi transitada, pois e un dos acesos a igrexa parroquial de San Salvador.

Dacordo coa súa proposta, a solución pasaría pola negociación cos propietarios do terreo para realizar unha cesión e realizar un novo muro ampliando a baixada no tramo máis estreito,entre os números 31 e 54.

 

También te puede interesar