Ciencia y Tecnología Vigo al día

O Área Sanitaria de Vigo e Asanog asinan un acordo para prestar apoio de todo tipo aos menores en tratamento oncolóxico

O xerente da Área Sanitaria de Vigo e o presidente da Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (Asanog), asinaron un acordo que fará posible prestar apoio presencial de toda índole aos nenos ou nenas do Hospital de Día Pediátrico do Álvaro Cunqueiro e ás súas respectivas familias.

Persoal desta asociación terá presenza nas instalacións hospitalarias para servir de soporte psicosocial neste tipo de situacións desenvolvendo o programa ‘Meu Ben’, impulsado por ASANOG, para prestar apoio de todo tipo aos menores en tratamento oncolóxico e aos seus familiares.

Mediante o acordo, persoal da asociación poderá traballar in situ no Hospital de Día Pediátrico, para estar preto dos pequenos  pacientes e coñecer as necesidades que teñan os familiares.

O ASANOG,  Gonzalo  Autrán, subliñou que “o obxectivo do programa que agora poñemos en marcha persegue que ningún neno ou nena nin a súa familia teña que afrontar un tratamento oncolóxico sen o mellor apoio psicosocial posible”.

Basicamente, as accións a desenvolver polo persoal de  ASANOG consistirán en establecer contacto e realizar un achegamento ás familias, informar e ofrecer aos pais os recursos de que dispón a asociación, asesorar e informar as familias sobre outros recursos e axudas, planificar novos proxectos por parte da asociación en función das necesidades das familias, fomentar a participación dos familiares na vida asociativa, fomentar o apoio entre as propias familias e coordinar con servizos públicos e entidades privadas.

También te puede interesar