Vigo al minuto

O Goberno local anuncia un plan de humanizacións e asfaltados no rural cun orzamento de máis de 3 millóns de euros

O segundo tenente de alcalde e concelleiro de Fomento vén de anunciar un «ambicioso» plan de humanizacións e asfaltados no rural que prevé 73 actuacións en todas as parroquias da cidade.

David Regades  explicou, estes traballos se desenvolverán ata 2019 e contan cun orzamento superior aos 3 millóns de euros e engadiu que  “este programa é unha mostra da vontade do Goberno local de buscar un Vigo igualitario con melloras importantes no casco urbano e no rural”.

Así mesmo, explicou o protocolo de seguimento que fai o Concello das actuacións de reparación que se desenvolven nas distintas zonas da cidade, con catro cuadrillas traballando de xeito permanente, “dúas no casco urbano e outras dúas nu rural” e amosou un modelo de informe que semanalmente realizan técnicos municipais detallando as actuacións que se realizan, cronogramas, materiais e tempo de reparación. O informe inclúe, asi mesmo, fotografías do antes e do despois das zonas nas que se actúa.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.