RGPD - Cookies
Galicia Sucesos

73 feridos en accidentes de tráfico ocorridos nas estradas de Galicia a pasada fin de semana

O 061 asistiu durante a fin de semana a 73 persoas debido a 53 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, día 13, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, día 15 de abril.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 63 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 53 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 73 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 78. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado acudiu en cinco sinistros, o helicóptero medicalizado  asistiu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 66 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en dúas ocasións.

En 70 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 3 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

También te puede interesar