Ciencia y Tecnología Vigo al día

Máis de 300 profesionais dos centros de saúde da Área Sanitaria de Vigo participan nun programa de actuación ante unha emerxencia cardiovascular

 

324 profesionais de 24 centros de saúde da Área Sanitaria de Vigo, participarán no programa REDCASA (Rede de Capacitación Sanitaria) que ven de iniciarse nesta área sanitaria. Son 146 médicos de familia, 30 pediatras e 148 profesionais de enfermaría os que recibirán formación específica a través deste programa.

O programa, impartido en Vigo por un total de 32 instrutores, está dirixido a aumentar a seguridade do paciente por medio do adestramento dos equipos de profesionais sanitarios empregando técnicas de simulación avanzada. O obxectivo é adestrar ao persoal sanitario de Atención Primaria co foco posto na emerxencia cardiovascular.

A Rede de Capacitación Sanitaria (REDCASA) é un proxecto de adestramento dos profesionais do Servizo Galego de Saúde  (SERGAS) que ten por obxectivo capacitar aos profesionais durante o tempo de traballo e no lugar de traballo, mediante a simulación no manexo das situacións relacionadas coa patoloxía tempo dependente.

A metodoloxía, coñecida como simulación, supón remedar na medida do posible as condicións de asistencia reais aos pacientes, para que as habilidades e destrezas adquiridas durante o adestramento sexan aplicables ao máximo na vida real.

También te puede interesar