Vigo al minuto

Sobresaínte para os profesionais da Unidade de Ciruxía Maior Ambulatoria Pediátrica do Cunqueiro

Os profesionais da Unidade de Cirurxía Maior Ambulatoria Pediátrica do Hospital Álvaro Cunqueiro, que o ano pasado operaron a 679 nenos e nenas de xeito ambulatorio, sen ingreso hospitalario, foron valorados cun sobresaínte por parte dos pais e nais ou titores dos menores intervidos que estiveron na Unidade.

Así se reflicte nas enquisas telemáticas, a través dos teléfonos móbiles realizadas aos proxenitores e nas que, maioritariamente, o nivel de satisfacción tanto no trato persoal como asistencial roza a máxima puntuación.

A meirande valoración -un 4,9 de media sobre 5- alcanzouna a atención por parte do persoal de enfermería e a escasa distancia sitúase o nivel de atención por parte do persoal médico, que obtivo unha puntuación media de 4,89 sobre 5.

“Estamos moi satisfeitos cos resultados da enquisa, así como coa aceptación da mesma, xa que responderon practicamente todos”, asegura a anestesista María Dóniz. De feito, cando púxose en marcha a Unidade se entregaba aos pais e as nais unha enquisa en papel, á que contestaban menos do 20%. Co novo sistema a través do teléfono móbil o índice de resposta subiu ata o 90%.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.