Vigo al día

Propietarios dos terreos expropiados para a PLISAN cobrarán o mes que vén máis dun millón de euros

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns o anuncio polo que se procederá a realizar no vindeiro mes de maio o abono de máis dun millón de euros a propietarios dos terreos expropiados para a execución das obras da Plataforma Loxística Industrial de Salvaterra -As Neves (PLISAN).

Os pagamentos, con cargo aos tres organismos promotores da Plisan, faranse efectivos os días 8, 9 e 10 de maio no Concello das Neves e afectan a un total de 444 fincas. Con estes pagos rematan os correspondentes a sentenzas e resolucións do Xurado de Expropiación de Galicia, salvo os bens afectados pola retroacción do expediente.

También te puede interesar