RGPD - Cookies
Comarcas

O Concello de Salceda remata as obras de accesibilidade á Igrexa e Cemiterio de Soutelo

O Concello de Salceda de Caselas ven de rematar as obras de accesibilidade á Igrexa e Cemiterio de Soutelo. O proxecto, valorado en 7.638€ foi posible grazas á financiación da Deputación, en base ás subvencións dirixidas aos Concellos da provincia de Pontevedra para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural, que o Concello de Salceda solicitou para levar a cabo esta obra, en colaboración coa Comunidade de Montes da parroquia de Soutelo.

O Concello de Salceda leva acometido xa obras de accesibilidade nas Igrexas de Parderrubias e Santa María, co obxectivo de que nas sete parroquias se eliminen as barreiras arquitectónicas tamén no patrimonio vinculado á relixión.

“Seguimos a traballar en achegar e poñer en valor o noso riquísimo patrimonio cultural e histórico. Ademáis, Salceda está a dar grandes pasos no camiño de conseguir a total accesibilidade para tódalas persoas aos lugares públicos e de interese. Nese senso seguiremos a poñer tódolos nosos esforzos con esta e outras melloras imprescindibles para lograr o noso obxectivo. É de xustiza”, sinala o alcalde, Marcos Besada.

También te puede interesar