Comarcas

2,5 millóns para gasto social, máis investimentos e rebaixa de taxa e impostos,eixos dos orzamentos de Ponteareas para 2018

O alcalde de Ponteareas presentou o borrador de orzamentos de 2018 que se caracteriza por priorizar o gasto social que suma un total de 2.581.500  nas diferentes liñas cos servizos socias, a residencia de maiores, a axuda no fogar, o centro Asprodico ou a escola infantil entre as prioridades.

Pola súa parte, Educación e Cultura suman un total de 2.060.000 euros que se investirán no Conservatorio, centros educativos, biblioteca, auditorio e as actividades festivas e culturais. Outra das partidas de gasto corrente máis relevante; o servizo de limpeza viaria, recollida do lixo e tratamento en SOGAMA, suma un total de 1.650.000 euros.

En 2018 destinarase máis de 500.000 euros ao pago de sentenzas xudiciais por débedas e préstamos.   O orzamento de gastos pasa dos 12,8 millóns de 2016 a 13,8. Incremento que permitirá atender mellor os servizos municipais e incrementar o investimento. Unha situación mellor grazas ao trablallo riguroso de control do gasto por parte do actual goberno e de pagar as débedas atrasadas que asfixiaban a xestión municipal.

Os orzamentos, subliñou  Xosé Represas, priman o gasto social no que se volverá a incrementar a partida para as axudas de emerxencia social que subirá ata os 120.000 euros, cifra que duplica a destinada no ano 2015. Outra das partidas económicas creadas polo actual goberno de Ponteareas para apoiar ás familias con menos ingresos é a das axudas para libros e material escolar que por importe de 20.000 euros sirve de apoio económico a máis de 200 familias.

Outra das novidades é a incorporación dunha partida de 150.000 euros para traídas veciñais de augas. Este liña de axudas ten como finalidade subvencionar as obras prioritarias de novas captacións e depósitos ás comunidades veciñais que sufriron en maior medida as consecuncias da seca no verán e outono pasado.

Represas subliñou que outra das características da proposta de orzamentos de Ponteareas para o 2018 é a conxelación de taxas e impostos con rebaixas relevantes como a do imposto de construcións e reformas.

También te puede interesar