Cultura

Dani Font e María Villanueva en concerto, este venres, no Auditorio Lois Tobío de Gondomar

Dende a Concellería de Cultura de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, e o Conservatorio Elemental de Música realizarase un concerto encadrado dentro dos actos pertencentes ó 35 aniversario da creación do centro.

Dani Font e María Villanueva serán os músicos que este venres, dende as 7 da tarde, no Auditorio Lois Tobío de Gondomar, abrirán o cartel de concertos, interpretanto diversos temas coa súa particular visión de clásicos do jazz, bossa ou bolero.

Dani Font é un novo guitarrista da vila de Gondomar que na actualidade amplía os seus estudos de jazz en Holanda, a súa vez María Villanueva despois de acadar un master en guitarra clásica na Suiza está a afondar no técnica vocal do jazz na cidade de Lisboa. Por este e outro motivos é unha oportunidade importante de ver e escoitar a dúas das grandes promesas da música en Galicia. A entrada será libre ata completar aforo.

También te puede interesar