Galicia

@depo_es pon en marcha catro rutas para coñecer, da man das mariscadoras, o ‘Marisqueo nas Rías Baixas’

O Goberno da Deputación de Pontevedra vén de lanzar catro novidosas rutas gratuítas para descubrir o “Marisqueo nas Rías Baixas” durante o mes de abril. A actividade, que se desenvolverá os días 14, 15, 28 e 29 deste mes, ás 10 da mañá, terán lugar no Carril, Vilagarcía de Arousa, e consistirán nunha charla informativa sobre a actividade e nun obradoiro práctico de marisqueo nas augas da Ría, co apoio das mariscadoras de AmarCarril.

Carmela Silva  informou que as prazas son limitadas, “temos entre 20 e 25 prazas por cada unha das rutas así que animo ás persoas interesadas a que presenten a solicitude de inscrición canto antes porque, estou segura, esta actividade van ter unha altísima demanda”.

O prazo para participar nas novas rutas “Marisqueo nas Rías Baixas” dos días 14 e 15 ábrese hoxe xoves e as persoas interesadas deben formular a súa inscrición a través do correo electrónico [email protected] antes do 16 de abril.

As rutas dos días 28 e 29 de abril abrirán o prazo de inscrición a partir do día 16 de abril e ata o 26 do mesmo mes.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.