Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Aínda hai prazas para o Curso de Reincorporación Laboral da Cruz Vermella que se imparte en Vigo

A Rede de Mulleres  informa de que as persoas interesadas aínda pódense anotar no curso de reincorporación laboral da Cruz Vermella, para o cal pódense poñer en contacto con esta asociación chamando aos teléfonos  986 22 23 28 e 606 92 91 37, ou nos enderezos : [email protected]  [email protected]

O programa consiste no seguinte: Plan de emprego Puentes, enmarcado no Programa Operativo de Inclusión e Economía Social cofinanciado polo Fondo Social Europeo, o Ministerio de Emprego e Seguridade Social e o Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade., no cal trátase de mellorar a empregabilidade, crecer coma profesionais , e a súa posterior inserción a través dunha serie de orientacións grupais e individuais.

O mesmo está destinado aos seguintes colectivos: mulleres en dificultade social responsables de familias monomarentais, mulleres víctimas de violencia de xénero, mulleres inmigrantes e mulleres maiores de 45 anos.

No mesmo traballarán as competencias personais e profesionais: Básicas (autoconfianza, autocontrol, comunicación, cumprimentos de normas e tarefas, razonamento matemático…);  Transversais (traballo en equipo, orientación ao cliente, negociación, toma de decisións, resolución de conflictos…); Transversais Técnicas (manipuladora de alimentos, PRL, igualdade de oportunidades, empoderamento dixital…) e Capacitacións (auxiliar de productos frescos, caixa/reposición…)

O requisito máis importante é que as interesadas teñan disponibilidade  o longo de varios meses, sobre todo polas mañás, xa que a maior parte das formacións serán no horario comprendido entre 9 da mañá e as 2 da tarde. 

También te puede interesar