Vigo al minuto

A Xunta ratifica a multa de 21.250€ ao Concello por “incumprimentos reiterados” no control da calidade da auga

A Xunta sinala na proposta de resolución do expediente sancionador aberto o pasado mes de xaneiro ao Concello, como responsable do servizo de abastecemento de auga de consumo humano en Vigo, a imposición de catro infraccións administrativas, tres tipificadas como graves e outra de carácter leve, por un importe de 21.520,26 euros.

Ademaís, a Administración Autonómica desestima a totalidade das alegacións do Concello sinalando que logo de estudar a documentación e vistas as actas e as alegacións presentadas, quedasen probadas as deficiencias reiteradas nos controis realizados polo Laboratorio Municipal na billa do consumidor.

A xuizo da Xunta, tamén houbo incumprimentos na calidade da auga que non foron nin confirmados, cunha analítica ás 24 horas como marca a normativa, nin comunicados á autoridade sanitaria

Segundo a Xunta, “as inspeccións de Saúde Pública levadas a cabo poñen de manifesto o incumprimento reiterado en Vigo da normativa que establece os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo”, requiríndolle ao Concello a aplicación das consecuentes medidas correctoras para emendar as non conformidades detectadas no marco do programa galego de vixilancia sanitaria.

También te puede interesar