Vigo al minuto

A Xunta ratifica a multa de 21.250€ ao Concello por «incumprimentos reiterados» no control da calidade da auga

A Xunta sinala na proposta de resolución do expediente sancionador aberto o pasado mes de xaneiro ao Concello, como responsable do servizo de abastecemento de auga de consumo humano en Vigo, a imposición de catro infraccións administrativas, tres tipificadas como graves e outra de carácter leve, por un importe de 21.520,26 euros.

Ademaís, a Administración Autonómica desestima a totalidade das alegacións do Concello sinalando que logo de estudar a documentación e vistas as actas e as alegacións presentadas, quedasen probadas as deficiencias reiteradas nos controis realizados polo Laboratorio Municipal na billa do consumidor.

A xuizo da Xunta, tamén houbo incumprimentos na calidade da auga que non foron nin confirmados, cunha analítica ás 24 horas como marca a normativa, nin comunicados á autoridade sanitaria

Segundo a Xunta, «as inspeccións de Saúde Pública levadas a cabo poñen de manifesto o incumprimento reiterado en Vigo da normativa que establece os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo», requiríndolle ao Concello a aplicación das consecuentes medidas correctoras para emendar as non conformidades detectadas no marco do programa galego de vixilancia sanitaria.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.