Vigo al día

@depo_es sinala que a ocupación hoteleira en Vigo a Semana Santa foi do 61%

A ocupación hoteleira media na comarca de Vigo foi a pasada Semana Santa do 61%, dacordo cos datos difundidos este martes porla presidenta da Deputación de Pontevedra.

Carmela Silva sinalou que no conxunto da provincia a ocupación chegou ao do 68,3% e valorou  estes resultados qu, subliñou, aumentan en máis de 6 puntos a estimación para estes días, establecida nun 62%.

Na comarca do Baixo Miño a ocupación acadou un 65%, ao 59% chegou no Morrazo e ao 83,5% en Pontevedra, “ a comarca con mellores resultados da provincia”, salientou Carmela Silva.

También te puede interesar