Vigo al minuto

Dende o luns funciona un Vitrasa ‘nocturno’ que da servizo aos viaxeiros que chegan a Peinador no último vóo procedente de Madrid

O aeroporto de Vigo conta desde este luns, 2 de abril, cunha nova liña de autobús nocturna que presta servizo aos pasaxeiros que chegan cada día á cidade no último voo procedente de Madrid, as 11 e 20 minutos da noite.

“É unha nova liña nocturna de Vigo ao aeroporto en transporte urbano, feito e financiado desde o Concello”, salientou este martes o alcalde.

O autobús foi utilizado por oito persoas na súa primeira viaxe e o servizo esperou á chegada do avión, que aterrou en Vigo con atraso. “A esa hora xa non hai autobuses, polo que decidimos poñer unha liña que cubrise o voo”, indicou Abel Caballero.

O alcalde lembrou que a Xunta ten un transporte similar para o aeroporto de Santiago ao que lle adica 340.000€ e lamentou que a administración autonómica rexeitase o convenio para poñer en marcha un transporte similar en Vigo.

También te puede interesar