Galicia

Máis da metade dos fogares de Galicia chegan a finais de mes con «dificultade ou moita dificultade»

Máis da metade dos fogares de Galicia chegan con “dificultade ou moita dificultade» a fin de mes, segundo os datos correspondentes ao primeiro trimestre deste ano recollidos na ‘Enquisa conxuntural a fogares’.

No 41,86% dos casos as familias asegura que rematan o mes con “dificultade» e o 10,87% restante con «moita dificultade» fronte a un 47,28% que chega con «facilidade ou moita facilidade».

A mesma enquisa, difundida polo Instituto Galego de Estatística, sinala que o 22,71% dos fogares galegos non se permitiu ningún «extra» nos últimos tres meses- entendendo coma tal o destinado a vacacións ou viaxes, imprevistos, extras de alimentación, roupa ou calzado, saír a cear ou ir ao cine-.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.