RGPD - Cookies
Galicia

Frigolouro terá que pagar aos traballadores de Servicarne as cuotas que pagaron «como falsos autónomos» durante catro anos

O persoal de Servicarne que traballa nas instalacións de Frigolouro no Porriño, celebrou unha asamblea na que representantes da CIG informaron aos asistentes sobre a “resolución da Inspección de Traballo que obriga a falsa cooperativa a dalo de alta no réxime xeral de seguridade social e orientalos no proceso que se inicia a partir de agora”.

Entre outras cousas, a central trasladoulles que unha vez que reciban a comunicación da autoridade laboral terán que presentar reclamacións individuais para que lles devolvan as cotas de autónomo que pagaron nos últimos catro anos.

A asemblea tivo lugar tras as celebradas en Ourense e Lugo, as outras dúas provincias galegas nas que, sinala o sindicato, “tamén hai falsos autónomos de Servicarne traballando para empresas como Coren, Novafrigsa -tamén do grupo Coren- ou Grupo Sada, nun número que no conxunto do país pode superar o milleiro”.

Tal e como lles informou a CIG, a partir de que reciban a comunicación da Inspección de Traballo iniciarase o proceso mediante o que a empresa deberá dalos de alta no réxime xeral da Seguridade Social, aínda que lles advertiron de que será un proceso longo “porque con toda seguridade presentarán recursos”.

No caso de Frigolourocomo xa informara vigoaminuto- a Inspección de Traballo xa lle comunicou á empresa que ten que proceder a converter os falsos autónomos que traballan nas súas instalacións -arredor de 260- en persoal propio antes do vindeiro mes de novembro, “medida que seguramente se estenderá ao resto de compañías usuarias en breve”.

También te puede interesar