Galicia

O Tribunal Superior de Galicia declara ilegal que se esixa o nivel B1 dun idioma estranxeiro para obter un título universitario

A Sección Primeira da Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) considera ilegal nunha sentenza que se esixa o nivel  B1 dun idioma estranxeiro para obter un título universitario se este requisito non está incluído no plan de estudos.

O caso concreto estudado refírese ao grao en Historia da  Universidade de Santiago de Compostela. Afírmase na sentenza que «se se analiza seguidamente o plan de estudos resumido por módulos e por cursos non aparece por ningunha parte a esixencia de coñecemento do nivel  B1 dunha lingua estranxeira, nin sequera de coñecemento transversal». Así, os maxistrados afirman que, «ao non acharse no plan de estudos aprobado e publicado a esixencia de coñecemento do nivel  B1 da lingua estranxeira, non cabe impoñela para a obtención do título».

«A autonomía universitaria permite que cada Universidade tome a iniciativa na elaboración do plan de estudos ao comezo do procedemento de verificación e acreditación dos títulos, pero non ampara que, unha vez aprobado e publicado o plan de estudos, se introduza esta esixencia do nivel  B1 de lingua estranxeira, que non figura naquel plan, como requisito imprescindible para a obtención do título», indícase no fallo.

Para o tribunal, «non cabe negar a competencia da USC para a introdución da devandita esixencia, pero iso non pode realizarse á marxe do plan de estudos e a través dun acordo do  Consello de Goberno, pois entrañaría prescindir de canto impón a regulación contida no  RD 1393/2007 para a obtención do título, e supoñería unha esixencia engadida sen amparo normativo algún, de modo que non cabe negar a expedición do título cando acreditou superar toda a formación teórica e práctica obrigatoriamente esixida polo seu plan de estudos».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.