RGPD - Cookies
Ciencia y Tecnología

Persoal de Enfermería do Cunqueiro ensina a pais e nais pautas para o crecemento evolutivo dos seus fillos

Especialistas en enfermaría pediátrica do Hospital Álvaro Cunqueiro impartiron unha charla-obradoiro no CPR  vigués Don Bosco Salesianas para os pais e nais de nenos de Educación Infantil, baixo o título «Ayudándoles a crecer adecuadamente».

O obxectivo desta xornada formativa, impartida pola supervisora de hospitalización obstétrica do hospital, Angelina Teijeiro, e pola EIR en Enfermaría Pediátrica, Laura Frade,  era tratar temas de interese para o desenvolvemento evolutivo e continuo dos pequenos de entre 3 e 4 anos, tanto no fogar como na escola.

O obradoiro organizouse a instancias do Centro educativo, que detectou que os nenos  desas idades están moi pouco estimulados, tal vez por un exceso de sobreprotección, e carecen das destrezas elementais que lles permitan certa autonomía, como comer solos ou vestirse sen axudas. De ahí, a necesidade de instruir aos proxenitores, para mellorar as habilidades e capacidades dos seus fillos, que lle permitan ao neno unha progresiva independencia e adaptación ao medio.

También te puede interesar