Comarcas

@depo_es destina preto de 800.000€ a 15 concellos para pagamento de débedas, amortizacións e gastos correntes

O Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a primeira relación de concellos que se van beneficiar das achegas da liña 2, para a amortización, pagamento de débedas e gastos correntes, do “Plan Concellos 2018”.

Os quince primeiros concellos en recibir achegas desta liña dúas, por valor de 773.147,09€, poderán realizar pagamentos de subministracións, afrontar gasto corrente novo, amortizar débedas e impulsar programas culturais, deportivos, turísticos, gastronómicos, actividades infantís e musicais, así como festexos.

Máis polo miúdo o concello de Forcarei recibirá 52.965,88€ para o pagamento da subministración de enerxía eléctrica e Fornelos de Montes 33.116,08 para gasto corrente novo. No caso de Lalín, beneficiarase de 93.557,4€ para impulsar o programa de roteiros da vila, así como os campamentos deportivos de verán, un proxecto de promoción turística e o Orgullo de Lalín 2018.

O concello da Lama recibirá 45.245,76€ para a Festa do Codillo 2018, para a celebración do entroido 2018 e para a Semana Cultural. No caso do concello de Meis, a Deputación de Pontevedra achegará á vila 45.393,34€ ara a amortización de débeda con entidades financieiras.

Pola súa banda, Moaña beneficiarase de 94.400,07€ para gasto corrente novo, en concreto, para o servizo de limpeza viaria Urbaser S.A., e Mondariz de 13.139,9€ para poñer en marcha o II Ciclo de Corais e a III Festa Gastronómica da Carne Arreghlada así como o programa de cine de verán na rúa, as xornadas de promoción dos queixos e embutidos, a feira do pan e festas infantís con inchables.

O concello de Mondariz-Balneario beneficiarase de 10.519,72€ da liña 2 do “Plan Concellos 2018” para actividades de humor, contacontos, musicais e de animación infantil, así como para actividades de rúa, teatro e maxia, cinema na rúa e publicacións. No caso de Poio, as achegas ascenden a 78.500€ para os gastos do entroido, da Festa da Ameixa e da Festa do Mar.

Portas recibirá da Deputación de Pontevedra, ao abeiro da liña 2 do “Plan Concellos 2018”, 36.040,74€ para a amortización de débeda e Salvaterra do Miño 69.724,05€ para o pago de facturas a Sogama. Ata Sanxenxo destinaranse 58.000€  para poñer en marcha o programa de Sanxenxo no verán, para as festas patronais e para os gastos do entroido.

Pola súa banda, Vila de Cruces recibirá 62.123,15€ para o pagamento de gastos correntes novos e Vilagarcía de Arousa 33.681€  para gastos de enerxía eléctrica e limpeza do conservatorio, para a limpeza da escola municipal de música e para enerxía eléctrica de instalacións deportivas municipais. No caso de Vilanova de Arousa, as achegas ascenden a 42.600€ para a actuación musical de verán na festa do Mexilón e para os gastos da festa do Momo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.