RGPD - Cookies
Comarcas

@ArboConcello recibe a primeira axuda de investimentos do ‘Plan Concellos 2018’ de @depo_es

O goberno da Deputación, presidido por Carmela Silva, vén de aprobar, a través de resolución presidencial, a primeira axuda ao Concello de Arbo ao abeiro da liña 1 de investimentos do “Plan Concellos 2018”

Con este investimento de 31.508,15€,  segundo sinala o organismo provincial, “Arbo poderá mellorar o entorno da estrada que une Rocha con Cabeiras”. Anteriormente, o Concello de Arbo xa recibira 94.336,32€, ao través da Liña 3 de emprego do Plan Concellos, para a contratación de 16 persoas que traballarán nos distintos servizos municipais da vila.

Coa suma destas tres achegas, Arbo ten adxudicado o 17% do total que ten a súa disposición co “Plan Concellos 2018” da Deputación de Pontevedra, isto é 734.619,17 €, un 73,44% máis que no 2017.

También te puede interesar