Cultura Vigo al día

Empeza a funcionar este martes a ‘central de reservas’ que controlará esta Semana Santa o acceso de viaxeiros a Cíes

A Xunta activará este martes a ‘central de reservas’ que xestionará as viaxes ás Cíes dende Semana Santa. Esta ‘central’, que estará na web www.autorizacionillasatlanticas.xunta.gal, é na que teñen que entrar todas aquelas persoas que queiran visitar as illas.

A mesma, como adiantara hai semanas vigoalminuto, controlará o acceso de persoas ao arquipélago impedindo que as navieiras, como sinalou no seu día o Goberno de Galicia, vendan máis pasaxes dos permitidos.

O Goberno galego, por medio de persoal de la Dirección Xeral de Patrimonio Natural, controlará a saída e chegada en cada un dos peiraos, dos viaxeiros a Cíes durante Semana Santa identificándose con chaleques laranxa e levando trebellos de lectura de códigos QR cos que comprobarán que as autorizacións dos usuarios son válidas.

También te puede interesar