RGPD - Cookies
Galicia

A Xunta transfiere ao Concello de Redondela a travesía interior da vila e os seus ramais de enlace coa N-550

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica este martes no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación da transferencia ao Concello de Redondela da travesía interior deste municipio e os seus ramais de enlace coa estrada N-550.

Este municipio solicitou a Consellería de  Infraestruturas e Vivenda o cambio de titularidade da travesía interior de Redondela (antiga N-550). Trátase dun treito antigo da actual estrada N-550, transferido polo Estado á Xunta en 1982, xurdido como resultado da construción dunha variante da estrada nacional no núcleo de Redondela.

Esta infraestrutura ten un carácter eminentemente urbano, constituíndo unha rúa do núcleo de Redondela, acoutada polas edificacións e con múltiples accesos a rueiros secundarios.

Coa transferencia, o Concello de Redondela será o responsable da conservación e mantemento e poderá actuar sobre esta vía de acordo coas súas características, sen ser de aplicación as restricións da normativa autonómica de estradas, como por exemplo as limitacións de usos ou actividades nas súas marxes ou os accesos.

También te puede interesar