Deportes Vigo al día

Apraza pola alerta de temporal a marcha ‘Vigo móvese pola igualdade’, prevista para o domingo

A marcha ‘Vigo móvese pola igualdade’- Vigual, prevista este domingo 11 de marzo, ás 11 e media da mañá na Porta do Sol, ven de ser aprazada polo Concello debido ao anuncio de alerta climatolóxica decretado para esta fin de semana pola Axencia Estatal da Meteoroloxía (Aemet) e o 112.

O Goberno local, nunha nota indica que “a fin de garantir a seguridade dos participantes, intentará atopar nova data para esta acción na que xa había 1.653 inscritos dispostos a percorrer o centro da cidade nun evento non competitivo”.

También te puede interesar