RGPD - Cookies
Galicia

O prezo do leite volve baixar en Galicia e as granxas leiteiras son menos de 8.000 por primeira vez na historia

Este ano empezou cunha baixada no prezo do leite que, segundo indican os datos do Ministerio de Agricultura, estaba en xaneiro a 31,7 céntimos o litro, fronte aos 32,2 céntimos de finais de 2017.

A estes datos súmase outro aínda máis preocupante: por primeira vez na historia as granxas leiteiras en Galicia son menos de 8.000, agora so quedan 7.916, cincocentas menos que no primeiro mes do ano pasado.

También te puede interesar