RGPD - Cookies
Comarcas

@ArboConcello recibirá preto de 80.000€ da @depo_es con cargo ao Plan Concellos 2018-2019

O Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou unha nova achega para Arbo ao abeiro da liña 1, de investimentos, do “Plan Concellos 2018-2019”. Con este investimento, Arbo recibirá 79.482,48€ para realizar obras de acondicionamento no recinto das piscinas municipais.

Anteriormente, a Deputación de Pontevedra xa aprobara unha achega ao concello de Arbo, dentro da liña 3 de emprego do “Plan Concellos 2018-2019”, de 94.336,32€ para contratar a 16 traballadores.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, sinalou que “con esta nova achega, Arbo xa ten recibido da Deputación de Pontevedra o 23,7% do total do investimento que lle corresponde dentro do Plan Concellos 2018-2019, que este ano pon a disposición da vila 734.619,17€, un 73,44% máis que en 2017”.

También te puede interesar