Galicia

O Produto Interior Bruto de Galicia medrou un 3,1% o ano pasado

Segundo os datos da contabilidade Trimestral, publicados este xoves polo Instituto Galego de Estatística (IGE), o  Produto Interior Bruto de Galicia (PIB) medrou un 3,1% en 2017.

Os datos amosan, segundo sinala o Goberno galego, que “o PIB de Galicia encadea xa nove trimestres consecutivos con taxas de crecemento iguais ou superiores ao 3%”. As contas tamén indican que a economía galega igualou o crecemento da economía española tanto en termos interanuais coma trimestrais, segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE).

O Goberno de Galicia subliña que “todos os sectores da economía galega continúan en positivo”, tanto a construción (3,5%) coma os servizos (3,3%), cunha evolución destacada da rama de comercio, transporte e hostalería, que crece un 6,3%. Tanto o sector primario como a industria medraron un 1,7%, cun avance maior da industria manufactureira (4,2%), a máis intensiva en emprego.

Te podría interesar